Semana Lorquiana no Museo: actividades escolares, andaina e Lorca por sorpresa
Do 3 ao 9 de novembro de 2026
A Semana Lorquiana é unha iniciativa cultural do Museo de Pontevedra, creada e dirixida por Colectivo Xurelo, para lembrar a relación de Federico García Lorca con Galicia e, en particular, as dúas visitas que realizou a Pontevedra en 1932. O programa combina divulgación literaria, actividades escolares, música, conversas e percorridos pola cidade.
En 2026 terá lugar a súa oitava edición, coas seguintes actividades:
Actividades escolares
Do martes 3 ao venres 6 de novembro.
Sesións de narración oral e ilustración dirixidas a alumnado de centros escolares de Pontevedra.
Andaina: Pontevedra, cidade lorquiana
Sábado 7 de novembro, ás 12 h, con saída desde o Edificio Castelao.
Percorrido polas rúas de Pontevedra imaxinando os lugares polos que pasou Federico García Lorca durante as súas visitas á cidade en 1932. A música en directo achegará a súa figura ás persoas participantes dunha maneira especial.
En caso de choiva ou de condicións meteorolóxicas adversas, realizarase un percorrido polo Museo de Pontevedra, relacionando a figura de García Lorca cos fondos e autores presentes nas súas salas.
Lorca por sorpresa
Luns 9 de novembro pola mañá.
Con esta actividade queremos achegar a figura do poeta granadino aos espazos de traballo e estudo, aparecendo neles por sorpresa para dar a coñecer a súa biografía e a súa relación con Galicia.
