Dous retratos do pintor Enrique Pulleiro Díaz (1833-1898)

16/06/2025
Mª Ángeles Tilve Jar

No ano 2021 foron adquiridos polo Museo unha parella de retratos, un masculino e outro feminino, asinados en 1876 e 1877 polo pintor coruñés Enrique Pulleiro Díaz (1833-1898), artista esquecido pola historiografía, do que se teñen escasas noticias tanto biográficas como profesionais.

Pulleiro foi discípulo de Juan Pérez Villaamil. Coñécese a súa participación na Exposición Regional Gallega celebrada en Santiago de Compostela en 1875 na que presenta cadros de paisaxes e escenas costumistas galegas; tamén na sección de Belas Artes da Exposición Local da Coruña, en 1878, na que exhibe vinte e oito lenzos, e coincide con artistas como Carmen Babiano, Francisco Cousiño ou Federico Guisasola, Ramón Buch ou Antonio Jaspe Moscoso.

Na década de 1880 é frecuente que expoña obras en escaparates comerciais, costume da época derivada da falta de espazos expositivos estables, e frecuenta faladoiros artísticos xunto con outros novos pintores.

No seguinte artigo, Mª Ángeles Tilve Jar, recupera a figura deste artista que vén a se sumar á representación de pintoras e pintores galegos na colección do Museo.

 Ver artigo en PDF

Mª Ángeles Tilve Jar