Impro Pechá. Teatro de improvisación

Martes 26 de agosto de 2025, ás 19:00 h, no Edificio Castelao

Impro Pechá. Teatro de improvisación

O salón de actos do Edificio Castelao acolle unha sesión de teatro de improvisación a cargo da compañía malacitana Impro Pechá. Trátase dun espectáculo baseado en números de comedia improvisada adaptados á ocasión, un formato interactivo onde a participación do público é fundamental. Pídenselles propostas e suxestións ás persoas asistentes, que serán a base para as escenas improvisadas.

Impro Pechá formouse en 2018 en Málaga. Desde o seu inicio tivo como obxectivo expandir o teatro de improvisación a través de espectáculos, obradoiros e cursos. Conta con máis de 130 representacións desde a súa fundación, incluíndo un espectáculo semanal en diferentes localizacións e unha residencia mensual en La Cochera Cabaret de Málaga.

Acceso libre ata completar a capacidade. Espectáculo para todos os públicos.