News - Museo de Pontevedra

News
-
A Deputación convoca unha nova edición de Novos Valores para que dous artistas emerxentes da provincia realicen estadías en Madrid e Bruxelas
Con bolsas económicas de 9.500 € cada unha, os creadores escollidos farán en 2026 residencias de catro semanas na Fondation Walter & Nicole Leblanc da capital belga e de tres meses no Centro de Creación Contemporánea Matadero Madrid
07/10/2025
-
Luis López e Rafa Domínguez fan balance do impacto do regreso da Bienal a Pontevedra: 125.000 espectadores e o aval de case 9 de cada 10 persoas para repetir en 2027
O presidente e o vicepresidente da Deputación cualifican de “éxito rotundo” a Bienal cun informe sobre o impacto dun evento que a veciñanza puntúa cun notable alto e do que salienta o seu potencial para promover a arte e a proxección internacional da cidade
06/10/2025
-
Luis López e Rafa Domínguez adiantan a nova meta do Museo despois de recuperar a Bienal: expoñer “A derradeira lección do mestre”, obra cume de Castelao
O presidente e o vicepresidente provinciais inician as conversas co presidente do Centro de Galicia de Bos Aires, que custodia a pintura, para traer a obra a Pontevedra
02/10/2025
-
O Museo incorpora novas pezas nas salas de exposición permanente do Edificio Castelao
Neste pasado mes de xullo realizáronse varios movementos en diferentes salas da exposición permanente do Edificio Castelao para ofrecer nas visitas unha visión máis completa da colección.
06/08/2025
-
O Museo de Pontevedra acollerá en outubro o IV Encontro do ICOM, a principal cita de museoloxía a nivel español
O IV Encontro de Museoloxía ICOM-España terá como tema “Coleccións almacenadas: (re)definir e (re)organizar. O desafío da sostibilidade medioambiental e social”.
08/06/2025
-
Luis López e Rafa Domínguez detallan “a bienal máis global da historia”: 60 artistas de 28 nacionalidades para reforzar a cidade de Pontevedra como epicentro da cultura
Co lema “Volver a ser humanos. Ante a dor dos demais”, a bienal contará con figuras internacionais coma Olafur Eliasson, Hans Haacke, Susan Philipsz, Emily Jacir ou Antoni Muntadas, xunto a nomes galegos coma Almudena Fernández Fariña ou Lois Patiño
26/05/2025