Tirando do Fío: Modas Decimonónicas. Curso de historia, arte e moda

Todos os mércores do 22 de outubro ao 17 de decembro de 2025, ás 19:00 h, no Edificio Castelao

Tirando do Fío

Carolina Munáiz imparte este curso de oito sesións de hora e media cada unha, no que se aproxima aos cambios históricos do século xix, coma a Revolución francesa e a industrialización, e como se reflectiron na evolución dos valores do traxe europeo.

Superada a marca neoclásica impregnada no vestido estilo imperio en tempos da Francia napoleónica, o rumbo da moda adecuarase ás esixencias de status dunha podente burguesía promotora da Revolución Industrial. A nova clase acomodada non só gustará de expresar boato, senón que demandará unha renovación de vestiario apta para unha nova conxuntura: tempo libre e actividades de lecer. Xurde o incipiente fenómeno da moda, reflectido na proliferación de revistas especializadas e na aparición dos grandes almacéns.

A depuración do traxe masculino será sinal de identidade do home de negocios. Ao longo do século irase perfilando a combinación funcional e sobria do recoñecible traxe burgués, expresión de pragmatismo e estabilidade. As variables siluetas de final de século responden, así mesmo, aos acelerados avances do momento.

O acceso é libre. Aquelas persoas que queiran obter un certificado de asistencia deberán inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e acudir como mínimo ao 70 % das sesións.

Programa completo

  • 22 de outubro. Revolución francesa. Traxe francés. Monecas Pandora
  • 29 de outubro. Napoleón Bonaparte e caída do Antigo Réxime. Rexurdir neoclásico. Estilo imperio
  • 12 de novembro. Revolución Industrial e ascenso da burguesía. Estilo romántico. Funcionalidade do traxe masculino
  • 19 de novembro. Xaula criolina. Amelia Bloomer. Pintura realista
  • 26 de novembro. Aparición dos grandes almacéns. Charles Frederick Worth. Alta costura. Descubrimento da anilina
  • 3 de decembro. Lencería e feminidade. Codificación do loito. Impresionismo
  • 10 de decembro. Traxe burgués masculino. Vestido de té. Industria téxtil en Cataluña
  • 17 de decembro. Florence Wallas Pomeroy e o traxe reformista. Belle époque